Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • cabanas sen barreiras,
  • lavadoiro,
  • recuncho maxico,
  • recuperacion patrimonio

O lavadoiro, noso recuncho máxico

Cabanas sen barreiras

/ 19 Xaneiro, 2017

En Cabanas sen Barreiras recuperamos un lavadoiro e convertímolo no noso recuncho máxico.

Si, en Cabanas sen Barreiras estamos a recuperar un antigo lavadoiro. Os que sexan de Galicia están ben afeitos a este termo, mesmo algúns estarán tamén afeitos, ou afeitas, a ir lavar a roupa a eles, pero para os que non sexan de Galicia, igual non teñen moi claro de que se trata.

Os lavadoiros son construcións tradicionais que se atopan por toda a xeografía galega. Trátase dunha estrutura formada por dous pilóns, normalmente cubertos por un teito, e ás veces completados por unha fonte e pías para que beba o gando. De cotío os lavadoiros ubícanse ben pertiño dos ríos ou regatos, para aproveitar o caudal de auga.

lavadoiro-cabanas-sen-barreiras

Os lavadoiros eran de uso comunal, e ás mulleres acudían a eles a lavar a roupa xuntas, sendo así ademáis de lugar de traballo, un centro de reunións e intercambio de cuestións veciñais. Estas mulleres eran chamadas as lavandeiras. 

As lavandeiras

Unha destas lavandeiras, chamada María a dos Coupríns, descríbenos as súas labouras con este testimonio:

“Lavar ben a roupa era unha arte, ademais dun traballo delicado e laborioso. As lavandeiras seguían un protocolo rigoroso que comezaba por separar a roupa branca da de cor. A roupa metíase peza a peza no lavadoiro. Empapábase, enxaboábase e fregábanse as manchas difíciles. Despois de enxaboada, a roupa amoreábase no lavadoiro para que fose amolecendo. Peza por peza mergullábase na auga e zapateábase contra o lavadoiro para deixala limpa e aclarada. Lavar a roupa branca era máis laborioso. Enxaboada e sen torcer, botábase ao clareo. Estendíase ao sol sobre o campo de herba e a luz eliminaba as manchas máis difíciles, recuperando a súa brancura. Aclarada e relucente, quedaba a tender nos toxos dos arredores”

Darredor dos lavadoiros xurdiron ademáis contos, lendas e cantigas, unha das populares cantigas que se labraron nos lavadoiros foi a cantiga de Maruxiña.

Maruxiña, ti é-lo demo, sempre me andas tentando

Se na fonte, se no río, sempre te encontro lavando.

Coa chegada das lavadoras industriais para os fogares, alá desde comezos dos anos setenta do século XX, os lavadoiros comuniais foron caendo en desuso. A maleza foi coméndose estas grandes estruturas de granito e moitos deles están agora ocultos entre toxos, xestas e pólas de árbores.

lavadoiro-recuncho-maxico

 

Os lavadoiros na actualidade 

Por iso, fieis ó noso compromiso de recuperar tradicións e patrimonio, estamos recuperando o lavadoiro que descubrimos na Finca da Quintenla, cando estabamos a desbrozar e limpar a finca. Para nós agora, pasa de ser un mero lavadoiro a ser un “recuncho máxico”. Un recuncho onde nos poderemos sentar e lembrar tempos pasados cando as lavandeiras estaban a lavar a roupa mentres cantaban e falaban.

Din por aí que se te sentas en soidade no lavadoiro, quizáis poidas escoitar aqueles cánticos míticos dos lavadoiros.

Queres saber como é o devandito lavadoiro? Entón non te perdas este pequeno vídeo.

 

Related Posts

Dolmens arredor do mundo

Dolmen de Axeitos

Unha pomba aniñou en Cabanas sen Barreiras

paloma

Entrega de premios do Concurso de Pallotas de Millo do País

Captura de pantalla 2017-05-08 a las 10.11.27

Accesibilidade, unha realidade en Cabanas sen Barreiras

promove

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol