Cabanas sen barreiras
Cabanas sen barreiras nace do soño de Manuel e China de dar continuidade ós seus anteriores proxectos, Casa Rural Perfeuto María, Cabanas de Carmen ou Cabañitas del Bosque e da súa laboura de dinamizar a súa contorna.
Cabanas sen Barreiras parte como un proxecto que pretende construir 6 cabanas singulares entre as pólas das árbores da Finca de Quintenla, no concello de Outes. As cabanas serán respectuosas coa contorna e xerarán unha simbiose e perfecta armonía co lugar donde se ubican. Mais isto non é todo, o verdadeiro aporte innovador e compromiso dos promotores deste proxecto, é que estas cabanas, serán accesibles a colectivos con diferentes discapacidades, achegando a natureza e este recuncho da ría de Muros e Noia a calquera persoa. Así, a accesibilidade configúrase como un elemento diferenciador e vertebrador de todo o proxecto.
As Cabanas
Construiranse un total de 6 cabanas, con materiais da zona, e respectando ó máximo a paisaxe e as árbores da súa contorna, que se ubicarán na Finca de Quintenla, un lugar ben pertiño da marxe dereita do río Tins, e da Ría de Muros e Noia. As cabanas, estarán camufladas entre as pólas das árbores, levando ó límite a vontade da mimetización coa contorna natural, e terán a peculiaridade de seren accesibles a todo tipo de colectivos con diversidade funcional ou mobilidade reducida, xa sexa temporal ou permanentemente.
Axentes implicados
Nace así unha nova proposta de turismo sostible e accesible na Ría de Muros, da man dos promotores do proxecto, Manuel e China, e dun conxunto de actores sociais e empresas da contorna que colaboran activamente co proxecto, desde o estudio de arquitectura que proxecta a obra, consultores expertos en accesibilidade e turismo, os veciños, asociacións culturais da zona, etc.
O blog
Cabanas sen barreiras verá a luz na primavera do 2017, pero polo de agora atópase en fase de acondicionamento da finca, construcción das cabanas e vertebramento de todos os axentes implicados para facer deste gran soño, unha realidade.
No noso blog iremos contando semana a semana a evolución do proxecto, para que non vos perdades detalle. Convidámosvos a que nos sigades e sexades partícipes da nosa historia.