Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • monte louro,
  • muros e noia,
  • praias,
  • ría,
  • turismo

A beleza de Muros e Noia

Cabanas sen barreiras

/ 9 Xuño, 2017

Coñecedes os encantos que nos ofrece a contorna na que se ubican as Cabanas sen Barreiras? Neste post descubrirémosvos os recursos que nos ofrece a zona de Muros e Noia e os mostraremos a beleza desta. Este territorio está moi enraizado coa Idade Media, cuxos encantos se deixan ver no cascos vellos das vilas,  ligados ao mar e á pedra. 

A Ria de Muros e Noia ofrece innumerables praias, a maioría de area branca coma a de Ancoradoiro, San Francisco, Aguieira, As Furnas e Basoñas. Ademáis de fabulosas praias, tamén encontramos castros milenarios ao borde do mar como é o de Castro de Baroña.

ria muros e noia

Máis na zona non só hai rías e praias. O Río Tambre é un dos ríos máis caudalosos de Galiza e permite abastecer a sede dos santiagueses e os seus peregrinos. Esta zona está declarada como ZEC (Zona de Especial Conservación) pola seu patriomonio e riqueza vexetal na que podemos atopar carballos, laureis, érbedos, salgueiros e aveleiras.

Nas súas augas sempre atoparemos algún paisano adicando o seu tempo á pesca, e é que este río é rico en fauna, xa non só dentro da agua, senón que ademáis á beira do Tambre atoparemos animais salvaxes, como son o lobo e o gato bravo, que conforman este ecosistema.

O Río Donas, situado nunha das parroquias máis pequenas de Galiza, ofrece alternativas únicas, xa que este río pertence a ruta do Río Grande, onde atopamos auga mineiro-mediciñal e espectaculares fervenzas en épocas de choiva.

Donas-2

O Monte de Louro, un gran monte granítico dende onde poder apreciar formidables vistas da Ria de Muros e Noia e da Lagoa de Xarfas coa fantástica praia de Area Maior. Este monte semella nacer directamente dende o mar.

Se che gusta a vida faunística,  podes observar as aves migratorias como garzas atraídas por reptís e anfibios.

monte louro

A praia Area Maior, situada aos pés do Monte Louro, con pouca ocupación de xente, augas cristalinas, area branca e un gran oleaxe que fai que a visiten moitos surfeiros, configúrase como unha das praias máis espectaculares da contorna.

praia area maior

Hoxe presentámosche so algúns dos preciosos lugares que poderás visitar cando te aloxes nas Cabanas sen Barreiras, pero máis adiante irémosche dando máis consellos de visitas. Parécenche poucos? Pídenos máis información na recepción e estaremos encantados de axudarche a crearte un bo plan 🙂

Related Posts

Noia, terra de lendas e meigas

noia general

Os primeiros sen barreiras

llave entrada

Entrevista a Manuela Oviedo, GALP Costa Sostible

manuela-oviedo-hermida

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol