Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • aniñar,
  • cabanas do barranco,
  • cabanas sen barreiras,
  • natureza,
  • niño,
  • paisaxe,
  • pomba

Unha pomba aniñou en Cabanas sen Barreiras

Cabanas sen barreiras

/ 24 Maio, 2017

En Cabanas sen Barreiras vímonos obrigados a pausar as obras de construcción dunha das nosas cabanas, e é que a súa construcción era totalmente incompatible con algo que vimos de descubrir: a aparición dun niño de pomba na terraza dunha das cabanas.

A nosa pomba elixiu un lugar seguro, apartado e refuxiado para poder aniñar os seus oviños, así que imos a deixar que a vida siga o seu ciclo e deixaremos o niño tal e onde está, ata que os pichóns vexan a luz do sol e comecen a valerse por si mesmos.
paloma

Todas as persoas que traballamos nos proxecto Cabanas sen Barreiras, sentimos un profundo respecto pola nosa paisaxe, o medio ambiente e tódolos elementos naturais que forman parte da nosa contorna. Así, na fase de construcción das Cabanas sen Barreiras, como mostra de respecto ós nosos valores, xa atemos salvagardado moitos dos elementos que son configuradores da nosa identidade paisaxística.

  • Cambiamos a ubicación sobre plano dalgunha das cabanas xa que no seu lugar había algún carballo ou algún piñeiro con décadas as súas costas.
  • Planificamos o proxecto en base ós regatos e regueiros de auga existentes na finca; sen mudar o seu caudal ou curso, secalos ou tapalos.
  • Respectando ó máximo as singularidades do terreo, intervindo o mínimo nos camiños e corredoiras existentes na contorna.
  • Mesmo se respectaron espazos propios de certos animais, como as covas dos raposos, e agora, o niño da pomba.

En definitva, mostramos un respecto máximo pola propia finca, a natureza, a paisaxe, a configuración do terreo, e tódolos seus elementos, para que todos eles sigan o seu curso vital e se vexan afectados pola man do home o mínimo indispensable.

Con todo, e mesmo co parón nas obras desta cabana en concreto, as Cabanas están a piques de abrir as súas portas, así que vos convidamos a todos a que esteades atentos, e en canto nos veñades a visitar, non dubidedes en adentrarvos polos nosos camiños a descubrir todos estes recunchos dos que vos estamos a falar, e que vivades a natureza tal e como ela se manifesta dentro desta noso pequeno gran espazo na Serra de Outes.

Deixámosvos xa coa nosa pomba e o seu niño neste vídeo

 

Related Posts

Noia, terra de lendas e meigas

noia general

Os primeiros sen barreiras

llave entrada

Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras

IMG_20170629_124730

Dolmens arredor do mundo

Dolmen de Axeitos

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol