Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • cabanas sen barreiras,
  • dolmens,
  • lendas galicia,
  • megalitismo

Dolmens arredor do mundo

Cabanas sen barreiras

/ 30 Maio, 2017

Imaxinamos que á gran maioría dos nosos lectores non teríamos que explicarlle o que é un dolmen, pero aínda así, gustaríanos facer un pequeno repaso da presencia destas estruturas arredor do globo.

dombate

Un dolmen é unha construcción megalítica que consiste, xeralmente, en varias lousas de pedra cravadas no chan, e outra ou varias pedras máis, de xeito horizontal, facendo de cuberta.

Estas estruturas foron costruidas durante o período neolítico sobretodo na franxa atlántica da Europa occidental, a modo de sepulcro colectivo, aínda que tamén se cre que puido ter a súa orixe nun xeito de reclamar o territorio e reforzar a identidade social e grupal dunha familia ou un clan.

Amáis desta estrutura básica recén comentada, atopamos tamén dolmens con cámara, consistente nun anexo en forma de pasarela, que daría acceso á cámara mortuoria, ou dolmen, propiamente dito.

Con todo, este tipo de construccións podemos atopalas, en moi diferentes versións, en lugares tan dispares como poidan ser Corea, Oriente Medio, Europa ou o Corno de África, e isto porqué? Para a maioría de lugares, á falta de investigacións máis profundas, non existen teorías concluintes, nin conclusións sólidas sobre o modo de vida, ou neste caso, da morte, dos pobos que crearon estas megalíticas estruturas.

Por exemplo, en Corea atopamos máis de 35.000 exemplares, algúns deles, mesmo foron catalogados como Patrimonio da Humanidade, os coñecidos como, Sitios de dólmenes de Koch’ang, Hwasun y Kanghwa.

Korea-Ganghwado-Dolmen-02

Dolmen Ganghwado en Corea

En Rusia tamén atopamos este tipo de enclaves, aínda que por estes lares, parece que o dolmen cumpría unha función diferente que en Galicia; e é que estes vestixios servíanlle ós seus habitantes como bóvedas ou caixas de seguridade para gardar obxectos metálitcos forxados en ouro, prata, ou bronce, cos que estaban afeitos a comerciar con Persia, Asiria, Exipto ou Creta.

dolmen-volkonka

Dolmen monolítico de Volkonka, Rusia

Xa máis perto de nós, en Irlanda, atopamos o dolmen máis grande de Europa, o Dolmen de Brownshill. A súa lousa superior chega a pesar 150 toneladas, aí é nada!

Despois deste repaso de dolmens arredor do mundo, volvemos para a nosa terra, que é bastante prolífica neste tipo de construcións. Coñecedes algún dolmen galego? Non son poucos, comezando polos máis destacados, o Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños, ou o Dolmen de Axeitos, en Ribeira, pasando por outros igual ou máis relevantes, pero de menos sona, como o de Tordoia, o Dolmen de As Maus de Salas, ou o de Castiñeiras, ou os do concello de Muíños.

Dolmen de Axeitos

Dolmen de Axeitos

Fálase que os dolmens galegos esconden fabulosos tesouros de ouro e pedras preciosas enterrados, e que son os mouros, uns seres mitolóxicos de profunda beleza e valentía, os que se ocupan de salvagadar ditos tesouros, desde o inframundo.

Non sabemos se na nosa Finca da Quintenla teremos agochados algúns deses extraños seres feiticeiros, pero co que si contamos, é cunha reconstrucción dun antigo dolmen, para que toda a xente que nos visita poida disfrutar del como un recuncho máxico, onde pararse a sentir, a pensar, a meditar, a ler, ou mesmo a buscar entre as lousas algún vestixio de tesouros de ultratumba.

Related Posts

Unha pomba aniñou en Cabanas sen Barreiras

paloma

Entrega de premios do Concurso de Pallotas de Millo do País

Captura de pantalla 2017-05-08 a las 10.11.27

Accesibilidade, unha realidade en Cabanas sen Barreiras

promove

Os dolmens, as catedrais do neolítico

dolmen 2

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol