Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • creencias,
  • entins,
  • Igrexa,
  • mal de ollo,
  • mitos,
  • relixión,
  • ritos,
  • san campio,
  • santo,
  • tradición,
  • Virxe de Rial

Ritos e mitos de San Campio de Entins

A aldea

/ 19 Xullo, 2017

Son moitas a crenzas arraigadas na Igrexa e na relixión, pero cabe destacar aquelas vencelladas á parroquia de San Campio de Entins, tan mística e tradicional.

Os devotos máis mozos, desde o principio dos tempos, acreditan a San Campio unha boa estancia no momento que partían cara o servizo militar. Dise que isto se debía a que esta santo adicou a súa vida á militancia.

Aparte desta devoción relacionada coa milicia, San Campio tamén atende peticións taumatúrxicas, como dores de cabeza e de carácter nervioso.

Hai testimonios de xente que afirma que a súa curación é grazas a este santo miragreiro, ó cal se lle fai honra en dúas festividades ó longo do ano. Unha o primeiro domingo de xullo, e a outra, con máis afluencia, o 29 de septembro na que numerosos romeiros chegan o día anterior e pasan a noite no atrio da igrexa, ou nalgunha casa dos veciños que se prestan a deixarlles aloxamento.

 

san campio2

Unha curiosidade deste santuario é que non dispón dunha fonte, recurso con tanta tradición ó que se lle outorgan virtudes máxicas.

Pero no santuario da Virxe do Rial, parada obrigada polos romeiros, atopámonos cunha fonte na que tódolos paisanos se lavan as mans e a cara, para a continuación, cumprir cunha serie de rituais antes de seguir ata o seu destino.

O curioso é que para poder seguir, estos deben darse nove golpes na pedra mollada ou na chave do templo. Hainos quen prefiren mollar un pano e deixalo alí, simbolizando o desprendemento dos males.

Unha vez pasada esta fase, deben dar unha volta en torno ó cruceiro veciño, facendo seis xiros nun sentido e tres noutro, ata rematar bicándose uns ós outros e batendo a testa co pé do cruceiro.

Catro complicadas fases das que non todos saen ilesos.

virgen del rial

Unha vez cumpridos estos requisitos chegamos a San Campio, onde tamén se deben facer varios rituais.

Damos comezo coa inxesta do aceite da lámpada que alumea ó santo, para logo dar sete voltas darredor dos cruceiros da parroquia e rematar vomitando cavelos, previamente inxeridos, na porta da Igrexa.

¿Cómo se vos queda o corpo logo de ler estas ofrendas?

Hoxe en día poucas son as tradicións que se seguen conservando, pero unha das vixentes é aquel ana que os devotos pasan medallas, rosarios ou panos polos obxectos relixiosos para logo poñelos en contacto con aqueles familiares ou coñecidos que non puideron ir á romería.

Outra tradición é oír cantar ós romeiros e ós habitantes da parroquia cantigas populares e en especial unha adicada ó santo, que describe a vida deste.

 

san campio

 

A pesares de que son moitas as crenzas das que non se comprobaron a súa veracidade, hai testemuñas que nos contan casos reais que pasaron na parroquia relacionados con estes dogmas, coma a dun rapaz que se cría que estaba posuído, xa que chegou ó santuario atado de pés e mans debido á resistencia anormal que este facía. Metérono na igrexa onde lle practicaron varios rituais, coma beber o aceite da lámpada e inxerir cavelos para logo vomitar e expulsar o mal que tiña no corpo.

Unha vez feito isto, o mozo saiu da igrexa tranquilo, coma se nada pasara…¡Abraiante!

Outra anécdota que nos contan é a dos males de ollo que despois de visitar ó santo desaparecían. Creádelo ou non, hai persoas no pobo que contan isto como vivencias inesquecibles e inmutables.

Que vos parece? Estades preparados para acudir á Romaría de San Campio?

 

procesion

Tamén hai mitos acerca do santo sobre o seu pasado, dise que este foi ao servicio militar e morreu na guerra, por iso agora está enterrado en San Orente.

Outro mito que se conta, moito máis gracioso, é que os habitantes de San Campio tiñan que afeitar ó santo xa a que a este crecíalle o pelo…¡meu deus!

 

 

Related Posts

Entrega de premios do Concurso de Pallotas de Millo do País

Captura de pantalla 2017-05-08 a las 10.11.27

As reliquias de San Campio de Entins

san-campio-romaría-do-mal-cativo-outes_img3775n2t0

Un Entroido en Galicia

filloas

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol