Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • cabanas sen barreiras,
  • concurso pallotas de millo,
  • millo do pais,
  • tradición

Entrega de premios do Concurso de Pallotas de Millo do País

A aldea

/ 8 Maio, 2017

Como moitos lembraredes, o pasado outono convocábamos o Primeiro Concurso de Pallotas de Millo de San Orente. 

A idea xurdía da necesidade que sentimos de recuperar o millo do país, e as tradicionais pallotas que durante séculos se fixeron ó longo de toda Galicia. Por iso, organizamos xunto coa Asociación Xente de San Orente este concurso de caracter anual, e cuxa fase de participación chega á súa fin.

Captura de pantalla 2017-05-08 a las 10.11.27

As bases do concurso

  • Poden participar neste concurso os veciños de San Orente
  • A fase de elaboración das pallotas é ó longo do mes de outubro
  • Os premios entréganse en maio, coincidindo coa abelleira

Os premios

O concurso contempla a entrega de 400€ repartidos deste xeito:

  • Un premio de 200€ ó mellor conxunto de pallotas tradicionais de millo de país
  • Un premio de 200€ á pallota máis grande e máis vistosa.

Captura de pantalla 2017-05-08 a las 10.12.45

Entrega de premios da Primeira Edición do Concurso de Pallotas San Orente 2017

Como comentabamos, o concurso chega agora en maio ó seu fin e é o momento de entregar os premios ós gañadores.

Os gañadores desta edición 2017 son:

  • Premio de 200€ ó mellor conxunto de pallotas: Balé, da aldea de Quintenla
  • Premio de 200€ á mellor pallota: Carballeira, da aldea de Ousesende

A entrega de premios terá lugar o vindeiro domingo 14 de maio, ás 13h, na Taberna de Casais.

Moitas gracias a tódolos veciños pola súa participación, a Asociación Xente de San Orente, pola súa colaboración e participación no xurado, e a todos os que coas vosas accións contribuides á recuperación da semente do millo do país.

 

Related Posts

Ritos e mitos de San Campio de Entins

procesion

Dolmens arredor do mundo

Dolmen de Axeitos

Unha pomba aniñou en Cabanas sen Barreiras

paloma

Accesibilidade, unha realidade en Cabanas sen Barreiras

promove

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol