Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
Chegou o verán, tempo festivo, para relaxarse, tomarse uns días de desconexión e emprender aventuras, saltarse a rutina e vivir novas experiencias con persoas especiais que te rodean.
Por iso, Cabanas Sen Barreiras ten algo que ofrecerche, xa que a partires do 20 de xullo podes reservar a túa estancia en calquera das nosas cabanas localizadas nunha contorna natural incrible.
O noso obxectivo como ben sabedes, é facer que a nosas cabanas sexan accesibles para todo tipo de público, eliminando calquera tipo de barreira. Esta accesibilidade encóntrase na mesma liña que a simbiosis coa natureza, para crear unha contorna idílica nun lugar máxico.
Na finca das nosas cabanas poderás gozar de recunchos máxicos, cunha beleza desbordante que non te deixarán indiferente, pola multitude de segredos que gardan.
Atendede porque aquí van algúns dos exemplos máxicos que se atopan na contorna de Cabanas Sen Barreiras….
¿Qué seríamos sen auga? Non poderíamos existir se non estivéramos rodeados de auga que nos calme a sede e nos dea vida, por iso, dentro dos recunchos máxicos que esconde Cabanas Sen Barreiras atopamos minas de auga que se acumulan baixo terra dando alimento ás raíces das árbores.
Auga que percorría as fincas onde mulleres do pobo se xuntaban para lavar a roupa de toda a familia. Estas reunións estaban cargadas de historias, cotilleos, penas e ledicias que poderás sentir nada máis achegarte a estos lavadoiros cheos de enerxía.
Outro tesouro que esconde Cabanas Sen Barreiras é o silencio, tan necesario e escaso en plena urbe. O noso día a día está creo de boureo que nos aturde e non nos deixa pensar con claridade, por iso valoramos tanto sitios como o que podes encontrarte entre as nosas cabanas. Un espazo sen ruidos nin voces, onde o eco das sons poranche os pelos de punta e farán que lembres ese silencio como único, cheo de paz.
Xunto a este silencio poderemos disfrutar de grandes rochas que contan historias segundo a súa posición coa terra e ás árbores. Poderemos descubrir grandes historias de amor, gargalladas entre amigos e ledicia coa familia.
Únete a nós e cóntanos que che transmitiron estas pedras, o seu silencio e a grande cantidade de vida que esconde a zona. Tamén a vida animal. que descubriremos abrindo ben os ollos para observar casas baixo terra, como a dos raposos, que cavan buratos no chan como abrigo.
Como vedes, a contorna de Cabanas Sen Barreiras non deixa de sorprendernos e mostrarnos cousas novas continuamente.
Con todo isto que acabamos de contar esperamos que non dubides en reservar uns días en Cabanas Sen Barreiras, para gozar da natureza e a tranquilidade.
Pincha no enlace e non demores máis en vivir a experiencia Cabanas Sen Barreiras.