Dolmens arredor do mundo
Seguindo a nosa filosofía e a nosa traxectoria ó longo dos últimos anos, non poderíamos deixar de facer especial atención a propia integración das cabanas na súa contorna. Con isto, estámonos a referir non só a integración na aldea, na paisaxe, sendo respectuosos co medio natural, senón tamén coa propia parcela que acolle ás cabanas.
E é que desde a orixe deste ilusionante proxecto, desde a propia ideación do mesmo, pasando polas horas de deseño do equipo de arquitectos, sempre lle demos unha relevancia vital á propia integración das cabanas na súa contorna. Como xa comentamos neste blog noutras ocasións, temos un serio compromiso coa cultura local, coa conservación do patrimonio, tanto material como inmaterial, as tradicións, pero tamén a paisaxe, os valores naturais, paisaxísticos e estéticos da contorna das cabanas e da finca.

O espírito do proxecto pasa polo respecto máximo pola configuración natural da contorna, da parcela e das árbores existentes. Mostra disto é que xa foi necesario talar algunha árbore para poder asentar algunha das 6 cabanas ecolóxicas, pero estas árbores taladas foron aproveitadas para a propia construción das cabanas, no acabado das fachadas, para mellorar a integración e así conseguir unha mimetización coa paisaxe. Mesmo a madeira sobrante se aproveitou para facer leña, leña que logo será utilizada nas propias cabanas para aquecer a aqueles que nos visitan.
Tendo en conta as condicións topográficas da parcela, e a propia vexetación, decidiuse que o mellor xeito de integrar as 6 cabanas independentes na parcela sería situar as mesmas elevadas con respecto ó chan, de xeito que as cabanas quedarán camufladas entre as pólas das árbores, levando ó límite a vontade de integración-mimetización coa contorna natural.

Nestes intres, todos os profesionais envoltos neste proxecto continúan a traballar duro para que dentro de ben pouquiño, cos primeiros raiños de sol da primavera, poidamos estrear as cabanas. Atopámonos agora en fase de preinstalación das mesmas, e traballamos contrareloxo para que poidades disfrutar das nosas cabanas accesibles para todos o antes posible.
Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.
Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.
Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.