Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • cabanas integradas,
  • cabanas sen barreiras,
  • integración contorna,
  • integración paisaxe

A integración na contorna

Cabanas sen barreiras

/ 13 Xaneiro, 2017

Seguindo a nosa filosofía e a nosa traxectoria ó longo dos últimos anos, non poderíamos deixar de facer especial atención a propia integración das cabanas na súa contorna. Con isto, estámonos a referir non só a integración na aldea, na paisaxe, sendo respectuosos co medio natural, senón tamén coa propia parcela que acolle ás cabanas.

A orixe do proxecto

E é que desde a orixe deste ilusionante proxecto, desde a propia ideación do mesmo, pasando polas horas de deseño do equipo de arquitectos, sempre lle demos unha relevancia vital á propia integración das cabanas na súa contorna. Como xa comentamos neste blog noutras ocasións, temos un serio compromiso coa cultura local, coa conservación do patrimonio, tanto material como inmaterial, as tradicións, pero tamén a paisaxe, os valores naturais, paisaxísticos e estéticos da contorna das cabanas e da finca.

bosque-finca-quintenla

O espírito do proxecto

O espírito do proxecto pasa polo respecto máximo pola configuración natural da contorna, da parcela e das árbores existentes. Mostra disto é que xa foi necesario talar algunha árbore para poder asentar algunha das 6 cabanas ecolóxicas, pero estas árbores taladas foron aproveitadas para a propia construción das cabanas, no acabado das fachadas, para mellorar a integración e así conseguir unha mimetización coa paisaxe. Mesmo a madeira sobrante se aproveitou para facer leña, leña que logo será utilizada nas propias cabanas para aquecer a aqueles que nos visitan.

Tendo en conta as condicións topográficas da parcela, e a propia vexetación, decidiuse que o mellor xeito de integrar as 6 cabanas independentes na parcela sería situar as mesmas elevadas con respecto ó chan, de xeito que as cabanas quedarán camufladas entre as pólas das árbores, levando ó límite a vontade de integración-mimetización coa contorna natural.

cabañas-sin-barreras

Evolución das obras

Nestes intres, todos os profesionais envoltos neste proxecto continúan a traballar duro para que dentro de ben pouquiño, cos primeiros raiños de sol da primavera, poidamos estrear as cabanas. Atopámonos agora en fase de preinstalación das mesmas, e traballamos contrareloxo para que poidades disfrutar das nosas cabanas accesibles para todos o antes posible.

Related Posts

Dolmens arredor do mundo

Dolmen de Axeitos

Unha pomba aniñou en Cabanas sen Barreiras

paloma

Entrega de premios do Concurso de Pallotas de Millo do País

Captura de pantalla 2017-05-08 a las 10.11.27

Accesibilidade, unha realidade en Cabanas sen Barreiras

promove

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol