Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • dolmen,
  • dolmens galicia,
  • megalitismo,
  • megalito,
  • megalitos galicia,
  • neolitico

Os dolmens, as catedrais do neolítico

Cabanas sen barreiras  /  Sen categoría

/ 8 Marzo, 2017

Falar da historia de Galicia é falar do seu período neolítico e do megalitismo. Galicia, o norte de Portugal ata o río Douro, León e Zamora, forman parte dunha mesma zona megalítica con arquitectura, organización social e sistemas de crenzas tremendamente homoxéneas. Pero, que é isto do megalitismo?

dolmen 1

Pois non é máis que o período do neolítico no que se construian os megalitos, esas estruturas realizadas con varios bloques de pedra de gran tamaño, xeralmente sen labrar. Son varios os tipos de megalitos que se extenden ó longo de toda a xeografía galega: túmulos, dolmens, cistas, menhires ou círculos líticos, pero todos teñen en común algo que Alfonso del Real faría célebre a través da súa frase “Os habitantes do mundo megalítico morrían, pero non vivían”. Isto é porque os megalitos son a manifestación que a día de hoxe nos queda de como se enterraban, ou onde repousaban os corpos dos mortos daquela época, máis pola contra, nada sabemos de como vivían.

Os dolmens son unhas das construccións neolíticas máis abundantes en Galicia. Dolmen de Dombate, Dolmen de Axeitos, Dolmen de As Maus de Salas, o de Castiñeiras ou os de Tordoia son algún dos dolmens que esconde historias e tesouros do tempo dos mouros. Ou iso é o que contan as lendas sobre os dolmens, os seus habitantes máxicos, os tesouros neles enterrados…

dolmen 2

Cóntase que pertiño dos dolmens galegos, habitaban aqueles seres extraños e máxicos, os mouros. Eles, altos, fortes e loiros, valerosos e mesmo con poderes máxicos. Elas, de gran beleza, tamén loiras e pel branca, e soían adicar o seu tempo á feiticería. Aínda a día de hoxe nalgunha aldea se fala dos mouros, cóntase que dando unha patada á pedra dun dolmen, con sorte podemos abrir unha fenda que vai directa ó inframundo onde estes seres habitan, onde poderemos atopalos rodeados por tesouros de todo tipo. Consecuencia de todo isto, é que moitos dos dolmens de Galicia foron expoliados, na búsqueda de tesouros, ou na búsqueda das lousas que logo formarán parte dos valados de fincas e chousas.

Na Finca da Quintenla, durante as obras de instalación das cabanas, limpeza do monte, etc. fomos atopando grandes lousas que nos recordaban a estes antigos dolmens, e coa idea de recrear este mundo máxico, case trascendental do neolítico, decidímonos a recrear un destes antigos túmulos funerarios.

O noso dolmen está construido á antiga usanza, de xeito poligonal, formado por sete grandes lousas verticais, algunha delas soterrada ata metro e medio, e outra lousa facendo de porta. Con cámara “funeraria”, aínda que aquí non temos a intención de soterrar a ninguén, e un corredor que lle da acceso. Situámolo na parte máis alta da finca, e como os verdadeiros dolmens, o seu corredor está orientado cara a saída do sol, e por tanto, mirando desde o corredor ata o interior, a cámara, miraríamos ó solpor.

dolmen 3

Xusto en fronte ó noso dolmen, atopamos un dos nosos recunchos máxicos preferidos, a Pedra de Namorar, aínda non sabedes o que é? Pois estade atentos que pronto falaremos dela nunha nova entrada de blog.

Related Posts

Dolmens arredor do mundo

Dolmen de Axeitos

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol