Dolmens arredor do mundo

Para a realización deste noso soño, de levar adiante as Cabanas sen Barreiras, contamos co gran apoio e ampla financiación do Grupo de acción local pesqueiro (GALP), do seo de Fisterra, Ría de Muros-Noia.
E que é iso dos GALP? Os GALP son grupos de acción local dentro do sector pesqueiro que se constitúen como asociacións sen ánimo de lucro. Están compostos por entidades que representan os intereses socioecónomico locais públicos e privados dentro da súa zona de acción e influencia, e dentro das súas misións, destaca a de elaborar unha estratexia de desenvolvemento local participativo, a conta do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
Dentro desta estratexia local de desenvolvemento, prevense axudas a proxectos, que, como o noso, cumpren unha serie de criterios que os mesmos GALP recollen nos seus planos estratéxicos.
A prioridade deste proxecto, segindo os criterios dos proxectos GALP enmarcados na zona Fisterra Ría de Muros-Noia, sería a do crecemento económico, a inclusión social, e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e da acuicultura. Ademáis da diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.
Para poder seren adxudicatarios das devanditas axudas financierias dos GALP, en Cabanas sen Barreiras, xa fieis á nosa idea de proxecto, temos adquiridos unha serie de compromisos que virán a garantir a nosa prioridade de crecemento socioeconómico da zona, a través do noso principal obxectivo, que pasa polo desenvolvemento de servicios de turismo para todos.
Dentro das directrices de paisaxe e medio ambiente, temos adquiridos os compromisos de:
Amáis dos compromisos de paisaxe, temos adquiridos outros en canto á adaptabilidade:
En canto a Responsabilidade Social Corporativa, cumpriremos os seguintes compromisos:
Como vedes, os nosos compromisos con vós, co territorio, coa administración, etc. non son poucos, así que á espera de que o proxecto saia por fin á luz, seguimos traballando para cumprir con todos e cada un deles.
Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.
Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.
Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.