Dolmens arredor do mundo

As obras na Finca da Quintenla continúan a bo ritmo para que ben prontiño as Cabanas sen Barreiras estén xa instaladas e listas para cumplir coa nosa premisa de turismo para todos.
Mentres tanto, e para que teñades aínda máis claro en que consiste o noso proxecto, preparamos un pequeno vídeo cunha entrevista na que explico a orixe Do Artesanato, aló polo 1998, e todos os proxectos que foron vindo cos anos, coa experiencia, e derivados do noso compromiso co medio ambiente, coa accesibilidade e co medio rural.
Non vos entreteño máis con verbas escritas, e convídovos a que descubrades neste vídeo que é exactamente Cabanas Sen Barreiras.
Entrevista a Manuel Lema
Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.
Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.
Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.