Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • cabanas outes,
  • cabanas sen barreiras,
  • do artesanato,
  • turismo accesible,
  • turismo para todos

Houbo un tempo no que os corvos falaban

Cabanas sen barreiras

/ 24 Outubro, 2016

Houbo un tempo no que os corvos falaban, contaban historias fantásticas sobre os seres máxicos que vivían nos bosques de Galicia…pero hai un lugar na fin do mundo donde un corvo vai contar unha nova historia. 


É a historia do soño de Manuel e China, facéndose realidade.

Somos Manuel e China, e pensamos que vivir, disfrutar e facer medrar o medio rural é posible para nós, para vós, para todos. Por iso, desde xa fai unhas décadas, traballamos por e para a nosa contorna, desde o noso proxecto “Cabañitas del Bosque”, que moitos de vós seguro xa coñecedes.

Agora queremos dar un paso adiante. No último ano comezamos a debuxar a idea do aproveitamento dunha nova contorna, unha nova finca en Outes que poidese acoller cabanas accesibles para todos. Este lugar estaba moi perto de nós, e entre paseo e paseo polo bosque, ó fin o descubrimos.

Desde entón non temos parado no deseño desta idea, un proxecto de vida que nos levou a visitar lugares, descubrir regatos, pedras, árbores e arbustos, camiñando por sendeiros da aldea a primeira hora da mañá, entre as primeiras brétemas e as últimas pingueiras do orballo.

Carballos, castiñeiros, piñeiros, sobreiras, regatos, fontes, camiños, pedras, lavadoiros ou covas de raposo son só algúns dos recunchos máxicos que podemos atopar no espazo das Cabanas sen Barreiras, e que pretendemos por en valor coa axuda de amigos e veciños.

Neste blog iremos contando semana a semana como evoluciona o proxecto pero tamén, e ó mesmo tempo o noso corvo iranos descubrindo diferentes rincóns máxicos da contorna das nosas cabanas, os recursos da aldea, tradicións, patrimonio, en definitiva de todo o que envolve a esta terra que tanto amamos.

bosque-finca-quintenla

Related Posts

Dolmens arredor do mundo

Dolmen de Axeitos

Unha pomba aniñou en Cabanas sen Barreiras

paloma

Entrega de premios do Concurso de Pallotas de Millo do País

Captura de pantalla 2017-05-08 a las 10.11.27

A visita do O CIFP Carlos Oroza

Captura de pantalla 2017-04-04 a las 16.34.56

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol