Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • romeria san campio,
  • san campio

As reliquias de San Campio de Entins

A aldea  /  Sen categoría

/ 3 Maio, 2017

Moi perto das Cabanas sen Barreiras, áchase a parroquia de San Orente de Entíns, coa igrexa de San Campio á súa cabeza. Hoxe gustaríanos contarvos a súa historia xa que está cargada de lenda, culto pagano e misterios, xusto algo que a nós, nos apaixona.

san-campio-romaría-do-mal-cativo-outes_img3775n2t0

Na parroquia de San Orente, de sempre foi dito que se practicaban diferentes ritos paganos. Moitos deles estaban relacionados coa auga que emanaba das fontes do lugar. Dise tamén que xentes vidas de aquí e de alá, acudían a San Orente para quitar os “meigallos”, ou curar o popularmente chamado “mal cativo”, unha doenza psicolóxica que máis ben se asemella a unha esquizofrenia ou bipolaridade que a ter o demo no corpo, tal como relacionaban na época. Hai outros ritos arraigados ó longo do tempo, e que case case chegan ata o día de hoxe.

A historia desta feligresía cóntanos que o seu párroco titular era o Canónigo-Cardeal da Catedral de Santiago, que á súa vez era Arcediano de Trastámara, co cal, xa podemos intuir que o párroco gozaba de amplo poder. Levado polas ansias de cristianizar o lugar, o párroco solicitou a Roma que lle enviasen as reliquias dun santo, para ver se así, poderían cristianizar a parroquia, xa que nesta proliferaban cantidade de ritos paganos, que conviña mermar. Tal foi así que Roma accede, e envía os restos do santo San Campio, un militar ou funcionario imperial, quen sabe, convertido ó cristianismo, que foi mártir nalgunha batalla acontecida entre xudeus e cristiáns, alá polo século V. A chegada de San Campio a San Orente ía a supoñer unha cristianización do lugar e o abandono dos ritos paganos, segundo o párraco, pero nada máis lonxe da realidade, aínda coas reliquias do mesmísimo santo, o culto pagano nunca se deixou de realizar.

IMG_6017

A viaxe de San Campio ata San Orente tampouco foi unha viaxe sinxela, e está cargada de anécdotas. Como aquela de que facendo parada en Santiago de Compostela, alá polo ano 1794,  as reliquias foron acollidas polas Carmelitas Descalzas. Estas, como quen acolle a un familiar ou unha mascota logo desta acollida, colléronlle cariño, e non se querían desfacer delas, alegando que o Santo recibiría moitas máis visitas en Compostela que non nunha aldea perdida da Serra de Outes.

Dende entón, cada 29 de setembro se celebra a Romería de San Campio de Entins, unha romería que ten as mesmas particularides que outra romería galega, pero que ademáis, ten ligadas algunhas particularidades máis. Os veciños acuden xa ó campo da romería a tarde anterior. Antes de visitar ás reliquias do Santo, estes lavan as mans e a cara na fonte, e despois danse ata 9 golpes na testa, cunha suposta pedra mollada que sirve para tal menester; outros, coa propia chave que da entrada ó templo. Tamén mollan panos na auga e logo os deixan na fonte, supostamente, deixando atrás tamén as doenzas.

20120524_cfernandez_06

Pero a singularidade máis curiosa de todas, e a chamada “Noite da Xesteira”. Dise que a víspera da romería, os mozos do lugar, celebraban unha verbena na que desbordaban ledicia. Nesa noite, os mozos chantan unha estaca nas fincas dos arredores para marcar o territorio onde logo irán coas súas parellas, ou mesmo outras, para ter unha “cita amorosa”.

Como vedes, a historia de San Campio da para moito. Hoxe non nos queremos estender máis, pero xa vos contaremos máis historias, cando se achegue o día da Romería, alá polo 29 de setembro.

Related Posts

Ritos e mitos de San Campio de Entins

procesion

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol