Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • antroido,
  • carnaval,
  • entroido,
  • serra de outes,
  • tradición

Un Entroido en Galicia

A aldea  /  Cabanas sen barreiras

/ 8 Febreiro, 2017

Non queda máis que unha semaniña para que den comezo as festas do Entroido en toda Galicia e na aldea xa nos estamos preparando para as devanditas festas.

O entroido, antroido, ou carnaval celébrase en calquer lugar de tradición católica. Foi a Igrexa quen, durante a Idade Media, atribui o termo “carne-vale”, que en latín vulgar viña a facer referencia a esa época durante a cal, o pobo podía disfrutar dunha dieta rica en carne, antes de comezar os 40 días de abstención da Cuaresma.

En Galicia, se ben temos en común con outros carnavais o obvio, ir disfrazados e o culto á carne, temos moitas peculiaridades, case case en cada lugar onde se celebra. E se non, preguntádelle a un de Laza se o seu entroido se parece ó de Verín! Desde o triángulo máxico, de Verín, Laza e Xinzo, con charangas, batallas de fariña, peliqueiros e cigarróns; as madamas e galáns de Cobres, en Vilaboa, ou a baixada do Oso de Salcedo, en Pobra de Brollón; hai mil costumes que nos unen e ó mesmo tempo, nos diferencian.

cigarron

cigarron

En Outes o entroido quizáis non sexa tan internacional, pero o que non lle falta ó noso entroido é a tradición. Cando eramos pequenos, en Outes, todos os nenos nos disfrazabamos e íamos porta por porta pedindo filloas, orellas, e tamén cartos!. Era un xogo de nenos, era a tradición e non había quen non estivese desexando que chegase o día. Eso si, había que ir disfrazado, se o que queríamos era que nos desen ben de comer. E é que como moitos sabedes, ou intuides, parte da filosofía que envolve estas festas e o bo comer e o bo beber. Y como toda festa, o entroido en Galicia vai acompañado de certos pratos típicos como poden ser as filloas e as orellas, e como non, un bo cocido galego, con lacón, chourizos, e outras delicias non aptas para persoas co colesterol alto.

filloas

Por iso, a fin de semana pasada, aproveitando o temporal, en Do Artesanato aproveitamos o día para xuntarnos con amigos e facer un bo prato de filloas á pedra, (se queredes saber como foi a xornada e tamén a receita, entrade ó blog de Do Artesanato).  Non queremos que esta sabedora tradición se nos perda polo camiño, e os máis pequenos non saiban como facer este sinxelo pero á vez exquisito doce, e así foi que tamén lle ensinamos ós máis pequenos da Asociación Xente de San Orente como facer unhas boas filloas.

Para os que queirades achegarse ó entroido de Outes, sabede que desde o Concello organizan un concurso de disfraces no tradicional desfile do Enterro da Sardiña que se celebrará polas rúas de Outes o 1 de Marzo.

 

CARTEL_ENTROIDO_2017

 

Día de Antroido

e día de Pascua

Cada larpeiro

na súa casa

 

Related Posts

Os primeiros sen barreiras

llave entrada

Ritos e mitos de San Campio de Entins

procesion

Entrega de premios do Concurso de Pallotas de Millo do País

Captura de pantalla 2017-05-08 a las 10.11.27

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol