Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • accesibilidade,
  • CIFP Carlos Oroza,
  • formación,
  • turismo accesible,
  • turismo para todos

O CIFP Carlos Oroza de Pontevedra visita Cabanas sen Barreiras

Sen categoría

/ 22 Marzo, 2017

O vindeiro mércores 29 de marzo, dentro das Xornadas do Campus Vivencial de Emprendemento en Turismo Sostible e Accesible, os alumnos do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra visitarán as instalacións de Cabanas sen Barreiras.

O CIFP Carlos Oroza de Pontevedra é un centro de formación moi implicado nas áreas de mobilidade, accesibilidade e Turismo para Todos. O instituto, ten colaborado en proxectos de turismo accesible xunto coa Fundación ONCE, e ademáis é pioneiro no desenvolvemento de proxectos innovadores, como a creación dunha campaña de crowdfunding para poñer en marcha hortos ecolóxicos, proxectos de aproveitamento turístico da camelia, Premio Pontevan, etc. Por todo isto, e gracias ó interese e implicación do equipo directivo, de profesorado e alumnos, o CIFP Carlos Oroza tense convertido nun dos centros de formación referentes en canto a Innovación e Turismo para Todos.

China_e_Lema

O interese desde instituto de formación por visitar as Cabanas sen Barreiras, xurde despois de que o equipo de Cabanas sen Barreiras participásemos en decembro de 2016 nunhas xornadas sobre Turismo Accesible organizadas en Pontevedra, nas que participou a comunidade educativa do CIFP Carlos Oroza.

A partires daquel encontro que tivemos cos alumnos e formadores do instituto, acordouse que sería interesante que o alumnado puidese visitarnos e valorar os criterios de accesibilidade in situ. 

Así, o vindeiro mércores 29 acolleremos a tódolos alumnos do centro interesados en visitarnos, nunhas xornadas formativas dentro do marco do Campus Vivencial de Emprendemento en Turismo Sostible e Accesible. As devanditas xornadas, contemplarán dous obxectivos ben claros:

  1. Que os alumnos reciban unha charla sobre emprendemento sostible e innovador no sector turístico que esperamos que sirva de xermen de cultivo para que nun futuro os alumnos tamén poidan e queiran emprender.
  2. Coñecer e valorar o nivel de accesibilidade das infraestruturas e da contorna dun aloxamento turístico singular como son as Cabanas sen Barreiras.
Fátima, de Promove

Fátima, de Promove

Tanto nós, o equipo de Cabanas que impartiremos a parte práctica das xornadas, como Fátima de Promove, que nos falará da parte máis teórica do emprendemento sostible en turismo, estamos expectantes por coñecer a tódolos alumnos que formarán parte das xornadas, do seu interese por coñecer máis a fondo o proxecto Cabanas sen Barreiras, e ver tamén que novas ideas poden aportar estas xeracións máis novas.

Deixámovos xa co programa das xornadas, e ata o vindeiro mércores!

 

Benvida e presentación da xornada

Responsable: Fátima

Horario: 10:00 a 10:20

Lugar: Restaurante Mesón do Portelo

Charla sobre Emprendemento en turismo 

Horario: 10:30 a 12:00

Responsable: Fátima (exposición teórica) e Lema (experiencia práctica)

Lugar: Restaurante Mesón do Portelo

Visita a Cabanas accesibles

Horario: 12:20 a 13:30

Lugar: Visita a Cabanas accesibles

Comida:

Horario: 13:45

Lugar: Mesón do Portelo en Outes

 

Related Posts

Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras

IMG_20170629_124730

A visita do O CIFP Carlos Oroza

Captura de pantalla 2017-04-04 a las 16.34.56

Accesibilidade, unha realidade en Cabanas sen Barreiras

promove

Cabanas sen Barreiras, accesibilidade para todos

cabañas-sin-barreras

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol