Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • accesibilidade,
  • accesibilidade universal,
  • turismo accesible,
  • turismo para todos

Cabanas sen Barreiras, accesibilidade para todos

Cabanas sen barreiras  /  Protagonistas

/ 3 Xaneiro, 2017

Como moitos xa sabedes, o motivo do proxecto Cabanas sen Barreiras, no que tantos meses levamos traballando, é o da accesibilidade total para colectivos con certas discapacidades.

No momento de comezar a desenvolver o proxecto de 6 novas cabanas sen barreiras, estableceuse que non só atenderíamos á accesibilidade total para todos, se non tamén ó respecto dos valores naturais, ambietais e paisaxísticos da Finca da Quintenla e en consecuencia, do concello de Outes.

img_20160909_114622

E é que o encanto destas cabanas singulares, reside en que as mesmas estarán ubicadas entre as pólas das árbores, eliminando todo tipo de barreiras arquitectónicas para colectivos con discapacidade funcional ou mobilidade reducida.

Eliminando barreiras arquitectónicas

Por iso, os condicionantes iniciais deste proxecto, poderían resumirse nestes tres aspectos:

  • O respecto máximo pola configuración da parcela e das súas árbores, minimizando o impacto na configuración da mesma, e nas árbores xa existentes.
  • O respecto máximo pola singularidade do terreo, respectando os camiños, corredoiras, regatos, etc.
  • E garantir a accesibilidade xerando pasarelas que conecten co nivel do camiño para solventar problemas de mobilidade reducida, dispoñendo sistemas e cambios nos pavimentos para usuarios con problemas de visión, creando unha iluminación adecuada e demáis sistemas para persoas con discapacidades auditivas, etc.

img_20160909_104233

Calidade turística e turismo accesible

Somos conscientes de que a accesibildade para todos é un factor intrínseco á calidade turística e xa non se pode concibir un turismo de calidade se non é un turismo para todos. Así, o turismo debe de estar ao alcance de todos, ninguén se pode quedar ao marxe por ninunha circunstancia ou razón, e é por iso que tanto no deseño como na rehabilitación dos aloxamentos, prevalecen criterios técnicos que farán accesibles os espazos e o seu uso, seguindo o principio de Deseño para Todos ou Accesibilidade Universal.

E este é o criterio baixo o que traballan tódolos axentes que están involucrados no proxecto, desde nós, o ente promotor, pasando polo estudo de arquitectura que deseña e executa a obra, Salgado e Liñares, a empresa de fabricación e instalación das cabanas, Addomo, a consultora Promove, e mesmo no propio deseño da páxina web accesible

Así, a accesibilidade non só pasa por tender pontes ou pasarelas para as persoas con mobilidade reducida, se non que vai moito máis alá. Require ademáis dunha atención personalizada, desde o propio momento que se entra na páxina web, na realización da reserva, a chegada ás cabanas e benvida, persoal formado en materia de accesibilidade, etc.

Que vos parece? Sen dúbida, seguro que hai algunha cuestión de accesibilidade máis que se vos poida ocurrir, e nós estaremos encantados de escoitarvos e tentar implementala. Seguiremos traballando nesta liña, para entre todos, lograr un turismo e accesibilidade universal.

img_20160909_115318

Related Posts

Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras

IMG_20170629_124730

A visita do O CIFP Carlos Oroza

Captura de pantalla 2017-04-04 a las 16.34.56

Accesibilidade, unha realidade en Cabanas sen Barreiras

promove

O CIFP Carlos Oroza de Pontevedra visita Cabanas sen Barreiras

Captura de pantalla 2017-03-22 a las 7.32.41

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol