Os primeiros sen barreiras
Unha das cousas que nos gustaría salientar á hora de presentar este proxecto de Cabanas sen Barreiras, é a especial aportación do estudio de arquitectura Salgado e Liñares. Sen eles, este proxecto sen dúbida non sería o que é, xa que eles foron quen de conseguir que a nosa idea inmaterial dunhas cabanas pendidas das árbores, accesibles para todos, se convertise nunha realidade tanxible e viable.
Hoxe entrevistamos a Francisco Liñares, gran artífice desta realidade que xa son, as Cabanas sen Barreiras, e queremos compartir con todos vós a devandita entrevista, a través deste vídeo:
Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.
Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.
Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.