Os primeiros sen barreiras

¿Moito fume? pouco lume
Donde hai lume, hai fume
¡Fuxir do lume e caer na borralla!
Leña torta, co lume se endereita
Quen non ten rabo de palla, non lle ten medo ao lume
Son só algúns dos máis coñecidos e repetidos refráns galegos que fan referencia ó lume.
E é que o lume encandeou a humanidade dende o principio dos tempos. Dende o seu descubrimento, o home sentiuse protexido, non só porque contaba agora con un medio para quecerse, cociñar, axudar á caza e defenderse de bestas, se non que ademáis, gracias ó lume, o home puido construir e destruir, e darredor del vivirían e crecerían moitas xeracións.
No imaxinario popular galego, xa dende o tempo dos celtas, o lume foi orixe de contos e lendas. E é que Galicia continúa a ser un país de profundas crenzas pagano-cristianas. A presenza do sagrado atópase aínda a día de hoxe en elementos como as pedras, os ríos, as fontes, pero tamén nas árbores, na leña, no lume, unha cultura popular trasmitida de xeración en xeración en “púlpitos e lareiras” como xa nos decía Vicente Risco.
Tamén Murguía falaba do culto que os celtas facían da auga, do lume, das árbores, da natureza; as festas que se fan arredor do lume ou nas que o lume adquire un rol trascendental, como as festas de San Xoán.
En Cabanas sen Barreiras queremos continuar coa tradición e rendir o nosa particular homenaxe á leña, ó lume, a natureza que nos garante o poder quecernos, e este vídeo é mostra diso.
Na finca da Quintela estamos a retirar algúns piñeiros, eucaliptos e con moita mágoa, algún carballo, manobra precisa para facer sitio para a instalación das cabanas. Con todo, estas árbores caidas serán ben aproveitadas, xa que estamos a facer leña con elas, e almaceándoa no noso cabanote, para que despois, durante as frías noites de inverno, se poida prender un bo lume nas lareiras das cabanas.
Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.
Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.
Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.