Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • femp,
  • gac,
  • galp,
  • muros e noia,
  • pesca

Entrevista a Manuela Oviedo, GALP Costa Sostible

Protagonistas

/ 15 Febreiro, 2017

Estivemos con Manuela Oviedo, xerente do GALP Costa Sostible, (antigo GAC 4 Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia) falando do que supón a axuda do GALP ó noso proxecto.

manuela-oviedo-hermida

Para quen aínda non saiba o que son os GALP, Manuela respondeunos a unhas poucas preguntas onde nos explica o que son, e tamén a súa contribución a Cabanas sen Barreiras. Non podemos deixar de agradecerlle tanto a Manuela como ó resto da xente do GALP a súa axuda, non só financieira senón tamén todo o seu apoio e experiencia.

Deixámosvos xa coa entrevista a Manuela:

Manuela, para quen non o saiba, que son os GALP e que tipo de proxectos poden conseguir financiamento por esta vía?

Son entidades colaboradoras da Conselllería do Mar na aplicación das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo financiadas polo FEMP no período 2014-2020. Son entidades sen ánimo de lucro onde teñen representción as distintas entidades pertencentes aos sectores ecómomico, público , social e pesqueiro dunha determinada franxa costeira. Ditas entidades aproban unha Estratexia de desenvovlemento para o seu territorio feita coa participación de tódolos axentes do mesmo poidendo obter financiamento todos aqueles proxectos que se adecuen aos obxectivos deste documento.

Cales son as características fundamentais dun proxecto GALP?

O desenvolvemento do proxecto debe contribuir a sostenibilidade da zona costeira onde se empraza atendendo ao crecemento do emprego e a cohesion territorial  na procura do Fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura ou da  diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.

Por que se apoia ao proxecto Cabanas sen barreiras?

Contribúe a sostenibilidade da zona costeira onde se empraza atendendo ao fomento do crecemento económico e a inclusión social i é un exercicio de responsabilidade social corporativa por parte da entidade promotora.

Que se lle aporta e que se lle esixe a un proxecto como Cabanas sen barreiras?

Ademáis de parte do financiamento para o desenvovlvemento do mesmo, e o apoio necesario, aportánselle unha serie de directrices a ter en conta para constituir un modelo de responsabilidade social empresarial no territorio.

 

Gracias Manuela!

Related Posts

Noia, terra de lendas e meigas

noia general

A beleza de Muros e Noia

monte louro

A colaboración do Grupo de Acción Local Pesqueiro (GALP)

galp

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol