turismo - 3 posts

noia general

Noia, terra de lendas e meigas

Sen categoría

/

Terra de lendas e meigas, é o que agocha entre as súas pedras e edificios esta vila que envolve a Serra de Outes, contorna das nosas cabanas.

Presentámovos a Noia e o seu casco vello, considerado Conxunto histórico dende 1985, xa que as súas casas de estilo gótico mariñeiro e os escudos nobiliarios son todo un emblema. Ademáis da historia, este municipio de A Coruña posúe gran cultura gastronómica; a empanada de berberechos de pan de millo é a súa especialidade, así que non podes voltar a casa sen probar esta delicia galega.

noia casco vello

 

Dise que Noia foi vila de zapateiros e carniceiros, aínda que este era considerado un gremio mal visto. Tamén é a berce de poetas, coma Antón Avilés de Taramancos e Maria Mariño “A Costureira” que enriquecen a literatura e dan prestixio ás súas rúas.

A localización xeográfica fai que se considere un lugar máxico, xa que se atopa na desembocadura do río Tambre, polo que na Idade Media converteuse no porto de Santiago de Compostela, a escasos 30 km de distancia.

Por estas e moitas outras razóns, leva celebrándose dende fai 10 anos a Feira Medieval de Noia, convocada a segunda semana de cada mes de xullo. Durante estes días a música e a diversión non para, grazas a xuglares, bufóns, malabaristas,… e numerosas actividades destinadas ó disfrute do público de tódalas idades.

A vila de Noia da paso as súas edificacións máis destacadas como é a catedral de Santa María A Nova, hoxe convertida en museo. Non é un lugar calquera, acolle máis de 500 lápidas funerarias de entre os séculos XIV e XVII e posúe un curioso cruceiro con baldaquino, tendo dous en toda Galicia, o de Noia e outro en Baiona. Esta igrexa conta con un dos cemiterios máis belos e importantes de España, a Quintana dos Mortos.

cementerio quintana dos mortos

 

Transladámonos á zona máis alta da localidade, dando forza ó municipio, atópase a Igrexa de San Martiño, presidindo a Praza do Tapal co seu gran rosetón, un incrible reloxo e alucinantes gárgolas a media altura que destacan ante nosos ollos.

Esta igrexa ten unha peculiaridade, fáltalle unha segunda torre. Teríamos que remontarnos ás hostilidades da época entre os nobres de Noia e o Arzobispado para poder explicar a ausencia desta. Pénsase que foi para evitar que o templo de Noia rivalizara coa catedral de Santiago, e unha maldición ameazaba dende entón a quen se atrevese a construír esta segunda torre.

noia iglesia san martin

 

Non todo o que amosa Noia son reseñas relixiosas, a vila ten un pazo urbán do século XV en pleno centro histórico, o cal destaca pola súa fachada gótica e un reloxo solar, a Casa da Xouba.

Atopámonos tamén unha ponte colgante no Tambre, do que saen varios roteiros de senderismo interesantes, grazas ás fantásticas vistas e lugares asombrosos que te podes encontrar ó seu paso.

puente colgante

 

Despois disto, non te penses tanto reservar estancia con nosco e descubre as marabillas que Galicia esconde e aproxímate a Noia para descubrir un lugar moi especial.

monte louro

A beleza de Muros e Noia

Cabanas sen barreiras

/

Coñecedes os encantos que nos ofrece a contorna na que se ubican as Cabanas sen Barreiras? Neste post descubrirémosvos os recursos que nos ofrece a zona de Muros e Noia e os mostraremos a beleza desta. Este territorio está moi enraizado coa Idade Media, cuxos encantos se deixan ver no cascos vellos das vilas,  ligados ao mar e á pedra.