Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol

O ferreiro entra en acción

Sen categoría

/ 26 Abril, 2017

No eido do rural de Galicia, e tantos outros lugares, trabállase o ferro desde tempos remotos. Tal é así, que o oficio de ferreiro está a ser considerado xa coma un oficio tradicional e é unha mágoa, pero este oficio milenario, estase a perder. O oficio de ferreiro sempre foi un dos máis cotizado nas aldeas galegas, xa que do traballo destes homes (case sempre eran homes), saían as ferramentas coas que traballarían o resto dos aldeáns, quer labregos, gandeiros, carpinteiros, quer ferramentas destinadas para o traballo no fogar.

Este oficio é un dos máis antigos que se coñecen. Totalmente primordial nas zonas rurais, sen el tería sido imposible manter os equipamentos de labranza en boas condicións, dificultando o traballo de moitos labregos. Ó ferreiro acudíase cando se precisaba arranxar calquer ferramenta de labranza, ou poñer novas ferraduras.

Captura de pantalla 2017-04-26 a las 13.23.07

O ferreiro, ese artesán que reúne forza, inxeino e destreza, para dar golpes de martelo de xeito que convirten cachotes de ferro en auténticas pezas de labranza e útiles para casa, case un alquimista!

Din que os ferreiros, soían vivir un chisco aillados, e na penumbra para distinguir a cor do ferro (vermello, laranxa, amarelo…). Deste aillamento, comezaron a desenvolver unha propia linguaxe, un xeito de falar propio deste gremio, tal como existen outras linguaxes propias doutros gremios como a linguaxe dos albañís ou dos oleiros, ou o coñecido barallete. 

Esta semana visitounos Juan Mata, o ferreiro de Outes, que veu a dar os últimos toques na instalación das Cabanas. Non utiliza xerga, e leva elementos de protección, ferramentas novas…pero sigue a manter o espírito dos antigos ferreiros. Deixámosvos con el.

 

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol