Seres mitolóxicos que te poderás atopar cando nos visites
Houbo un tempo no que os corvos falaban…diciamos ó comezo deste blog.
Durante os 6 meses deste proxecto, desde que comezamos co acondicionamento da Finca da Quintenla, ata hoxe, temos falado de lendas ancestrais, de tradicións paganas, de celtas e de mouros, de carballos, castiñeiros, piñeiros e sobreiras, de ríos, de fontes e de pedras, de lavadoiros e covas de raposo… E todo isto, porque vemos na nosa finca, moito máis alá que o lugar que acollerá as Cabanas sen Barreiras, vemos unha contorna máxica chea de misticismo e espiritiualidade.
Contavamosvos ó principio deste blog que iamos a trasladarvos a aqueles tempos nos que os corvos falaban. “Eu son o que te xeará o sangue fría como unha pedra, esta paloma é a túa vida, e o corvo é o teu namoramento Serodio. Prepárate porque un destes días vou a ir a buscarte” dicíase na obra de Castelao”Os vellos non deben namorarse”. E é que os corvos durante séculos, cobraron vida en Galicia, e segundo as tradicións máis antigas, os corvos, eran mal augurio, a chegada da morte. Contan que os corvos veñen a ser como as campás dunha igrexa, para anunciar a morte que terá lugar ó día seguinte. Cando a xente os sentía, era sinal de que alguén próximo ía falecer. Dicían os vellos, que se ves achegarse a ti un corvo, tes que dicirlle: “Corvo agoreiro, marcha lixeiro, que nesta porta non atoparás carne morta” para espantalo.
Agora xa sabedes que facer se vos atopades con un por aí.
Pero non só corvos nos podemos atopar na Finca. Os raposos non han faltar, nin tampouco as covas que eles fan na terra para se agocharen. De sempre os raposos foron vistos como animais astutos e inxeñiosos que teñen que recurrir a unha serie de trucos para enganar ós seus conxéneres e tamén ós humanos. E tal o nivel de engano, que o raposo é capaz de facerse o morto cando un home o cacha no galiñeiro, ou correr de xeito errático, o que deu pé a expresións como “Sabe as voltas do raposo”. Se vos paseades unha tardiña pola finca, seredes quen de atopar unha cova de raposo, un recuncho máximo mostra da súa intilexencia e capacidade para enganarnos.
Cando estés na túa cabana denoite, e coa luz acesa, é moi probable que algunha avelaíña se pouse na fiestra. A avelaíña é unha bolboreta nocturna, din dela que pode ser unha ánima e que ronda as luces acesas do fogar. Segundo a cor, cambian tamén os presaxios. As brancas, son boas novas, e as negras, non tanto, podería ser o mesmo augurio que nos poder dar un corvo.
E por se isto non fora pouca, outra figura coa que nos poderemos atopar nas noites de Cabanas sen Barreiras, é a lavandeira da noite. Xa vos comentáramos que mentres estabamos a limpar a finca fai uns meses, atopamos un antigo lavadorio de roupa en desuso, e explicámosvos en que consistía o traballo da lavandeira, e as tradicións vencelladas a elas. O que non vos contamos é quen é a Lavandeira da Noite. Esta muller, de aspecto ancián e ruinoso, sorprenderate cando estés a pasear cerca do lavadoiro, e invitarate a axudarlle a lava-la roupa. De axudarlle, terás que saber ben como. Non torzas a roupa no mesmo sentido que ela, e non lle leves a contraria. Non te fixes nas súas vestimentas, irá manchada de sangue, supostamente procedente dun mal parto. Dise que a lavandeira non pertence ó mundo dos vivos, se non queres que te atormente, mellor pasa por diante dela sen facerlle caso ningún.
Como ves, son uns cantos, pero non teñas medo, estes seres non te asaltarán se ti non cres neles!