Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • nadal en galicia,
  • tradicións nadal galicia

Un Nadal en Galicia

A aldea  /  Protagonistas

/ 20 Decembro, 2016

Xa sabedes que unha das nosas paixóns é a de recuperar as tradicións máis ancestrais da nosa zona e do resto de Galicia. Por se algúns tiñades aínda dúbidas, si, o Nadal en Galicia ten tamén as súas particularidades, xa que moito antes de que o Nadal fose unha celebración cristiá, xa os celtas e outros poboadores da nosa terra festexaban os últimos días do ano.

O 21 de decembro, coa chegada do solsticio de inverno, os celtas celebraban a festa do Alban Arthuan ou Yule, ata que tempo máis tarde, o cristianismo comezou a celebrar a festa do nacemento de Xesús polas mesmas datas, mesmo adoitando hábitos profanos no seo das festas cristiás do Nadal.

Daqueles tempos quédanos en Galicia algunhas tradicións pagás, como aquela de decorar a árbore con símbolos astrais como estrelas ou lúas; prender unha vela durante 12 horas para honrar a terra, utilizando restos da vela do ano anterior; ou botar ó lareira da casa un bo cepo de carballo e gardar as cinzas nun recuncho da casa xa que estas cinzas gardan propiedades máxicas.

img-20161220-wa0002

Cara as zonas do interior, no alto das montañas da provincia de Lugo, son ben coñecedores do “Apalpador”, unha persoaxe un tanto curiosa. Trátase dun xigante, de oficio carboneiro, que no Nadal baixa ás aldeas para asegurarse de que os nenos están ben alimentadiños, e para iso, apálpalle as barrigas. Neste caso, a lenda non ten unha orixe máxica, dos tempos dos castros e dos mouros, se non máis ben, o orixe foi a fame que nos tempos de guerra e posguerra se pasou neses lares. Esta tradición, que estivo perdida durante décadas, estase agora a recuperar, e se ben Outes non é o lugar elixido polo Apalpador, por atoparse ben pertiño do mar, alégramonos moito de que esté a haber iniciativas coma esta.

o-apalpador

Na nosa zona o que si estamos a recuperar son as Panxoliñas. Sabedes que “panxoliña” e “vilancico” non é o mesmo? Moitos pensaredes que si, pero os dous tipos de cánticos teñen as súas pequenas difernzas. Mentres que os vilancicos son cantos populares que se cantan nas igrexas, as panxoliñas son tamén cantos populares, pero de temática relixiosa que se cantan pola rúa, nos pobos, cara o Belén e sempre na festa do Nadal. Sábese da súa existencia desde o século XV, aí é nada!

Con diferenzas ou non, o certo é que panxoliñas, vilancicos, nadais e cantos de nacemento alegraban as vilas galegas nas frías noites de Nadal, sempre ben acompañados con pandereteiras e gaiteiros, que paseaban polas rúas a reclamar o seu “aguinaldo”. Trátase dunha boa paga, ás veces feita en forma de castañas e algo que meterse á boca, ás veces en forma de diñeiro que logo se gastarían na festa do santo patrono.

A Asociación Xente de San Orente, fiel ó seu hábito de recuperar vellas tradicións, este Nadal estará a pedir o seu aguinaldo polas casas da aldea, sendo os máis pequeños os encargados de cantar as panxoliñas. Non sabemos que cánticos irán a entonar, o que si sabemos de seguro é que non lles faltará comida que levarse á boca. Se queredes velos, estarán a pasar a partir das 4 da tarde polos lugares de Banzas, Areosa, Poza, Farrapa, Lugar de Arriba, Mosteiro… podedes atopar máis información no seu facebook.

aguinaldo

 

Desde Cabanas sen Barreiras queremos desexarvos un moi feliz Nadal, e ah! non esquezades! a noite de Nadal, despois da cea, deixade a mesa sen limpar, a comida que sobre será para as almas dos defuntos da familia. Tampouco pasedes a vasoira na cociña, para que non entren as meigas, porque “habelas, hailas”

Boas festas!

 

 

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol