Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • cabazas,
  • millo,
  • outes,
  • pallotas,
  • samaín,
  • san orente

Samaín, cabazas e millo

A aldea

/ 4 Novembro, 2016

Samaín

O pasado sábado celebrábamos a festa de Samaín na aldea, aproveitando que na fin de semana veñen tódolos veciños que viven nas cidades.

pallotas-millo

Di a tradición que o Samaín, ou como se dicía antes, Samhain, é unha festa de orixe celta que servía como celebración final da tempada de colleitas, dalgún xeito, era considerado o “Ano Novo Celta”. O calendario estaba fixado, non como agora, estacións, meses, semanas, se non en dúas partes segundo o ciclo agrícola: unha parte escura, que comezaba entre outubro e novembro, o mes do Samonios, e unha parte clara que daba comezo entre abril e maio, e que levaba por nome Giamonios.

Durante unhas tres décadas, as celebración de Samaín caeu no esquecemento en Galicia, pero xa hai uns anos que diferentes asociacións e amigos do Samaín están a recuperala, para lembrar aqueles anos na que mozos e non tan mozos valeiraban as cabazas para tallalas e colocarlle dentro velas, saían disfrazados á rúa para espantar á Santa Compaña, e decoraban os seus pescozos con colares de castañas para amedrentar ós malos espíritos.

Na aldea de San Orente non quixemos ser menos, e xunto cos veciños e a Asociación Xente de San Orente o pasado sábado rememoramos o Samaín.

Cabazas

O tempo acompañounos, e ó longo de toda a tarde estivemos a decorar cabazas e a facer as tradicionais pallotas de millo, mentres o grupo de canto e pandeireta de maiores e miúdos da parroquia nos acompañaban. Houbo tamén exposición de cogumelos e campionato de trompos. Logo, despois de tanta festa e tamén traballo, acabamos a tarde cunha boa ración de churrasco e castañas asadas.

A idea é poder recuperar antigas tradicións rurais que quedaron eclipsadas nas últimas décadas, xunto con amigos, veciños e todos aqueles que se queiran achegar á aldea.

Millo

pallota-millo

De todo isto, xurdiu tamén a idea de recuperar as tradicionais pallotas de millo que durante séculos se fixeron en toda Galicia. Coa colleita do millo, soíanse facer as tradicionais pallotas para unha vez secas, sentarse darredor a desfollar e escoller a espiga ou pichorro. Coa modernización agraria, o millo deixou de ser do país, e os procesos deixaron de ser manuais, polo que xa é máis difícil atopar bos pallotes de millo polas leiras. Neste pequeno vídeo xa podemos ver algunhas das pallotas que se están a facer na aldea.

Nós queremos recuperar esta tradición xunto coa Xente de San Orente, veciños e visitantes, así que, ide facendo os mellores pallotes que poidades, que pronto teremos o I Primeiro Concurso de Pallotas de San Orente.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol