Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • carlos casares,
  • día das letras galegas,
  • galego,
  • letras galegas 2017,
  • literatura galega

Carlos Casares – Día das Letras Galegas 2017

Cabanas sen barreiras

/ 16 Maio, 2017

Carlos Casares, tal como o define Albino Mallo, era considerado un narrador do cotiá, un narrador de historias do día a día, case sempre con nomes propios, e partindo de calquera anécdota.

Mañá, 17 de maio, o Día das Letras Galegas, está adicado a el, á súa vida, e á súa obra, que non foi pouca. O que se dera a coñecer con Vento ferido, foi tamén autor de obras como Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul ou O sol do verán. E mesmo de literatura infantil, entre a que salienta A galiña azul, do ano 1968.

Mais os seus méritos non rematan aquí. O ourensán, foi ademáis biógrafo, tradutor, interviu en política, gañou o Premio da Crítica de narrativa galega, foi membro da Real Academia Galega e mesmo diretor do Consello da Cultura Galega, entre outras moitas facetas.

carlos-casares

 

Ten tanto peso a súa recoñecida obra coma o que outros persoeiros falaban del: que se era un intelectual preciso e rigorosamente racionalista; unha persoa afable e tolerante; escandalosamente intelixente; de carácter aberto e cordial; todas as lecturas sobre a súa persoa coinciden en dicir que se era boa a súa obra, non vos podedes imaxinar a súa conversa. Nas conversas con Casares xorden cuestións como a lingua, a política, a sociedade galega, e outros que tamén a nós nos gustaría ter falado con él: a ruralidade, a Galicia enxebre, as tradicións.

Nalgunha ocasión temos coincidido con el, tiñámolo coñecido, temos intercambiado algunha impresión, algunha verba sobre a nosa terra, aínda que quizáis, por non termos atopado máis veces, non chegou a xurdir unha amizade. Con todo, o que si lle profesamos é unha profunda admiración, ó igual que outros persoeiros, tanto á súa obra, coma á súa persoa.

Ó longo destas semanas, mesmo meses, atopamos espallados por toda a xeografía galega ducias de actos conmemorativos deste gran dinamizador cultural, identitario, europeista. Xornadas, roteiros, exposicións, concertos, romerías e charlas de taberna. Mesmo aquí, en Outes, contamos cun contacontos e unha actuación da escola de música tradicional. Aquí podedes ver o programa. Convidámosvos a todos a que vos acheguedes a este recuncho de Galicia para vivir o Día das Letras Galegas. 

 

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol