Cabanas Sen Barreiras
  • O proxecto
  • Categorías
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • A aldea
  • Contacto
  • glGalego
    • esEspañol
Tagged as:
  • arquitectura tradicional galicia,
  • muro,
  • muro seco,
  • muro tradicional galicia,
  • valado

O Muro Seco

Cabanas sen barreiras

/ 30 Novembro, 2016

En Cabanas sen Barreiras seguimos traballando para que a Finca da Quintenla pronto mude a súa fasquía de lugar de traballo e obras, ata a o quinteiro que acollerá unhas cabanas accesibles a todas e todos, e nos convidará a descubrir recunchos cheos de maxia e paz.

muro-cabanas-sen-barreiras

Estes días estamos a construir os muros que servirán de espazos delimitadores entre diferentes zonas. Facémolo ó estilo tradicional, coas mesmas lousas que achamos na finca, e con mestres canteiros da zona.

E é que a nosa pedra di moito de seu. De sempre o muro da eira foi unha das obras senlleiras da arquitectura popular galega, mais dese tipo de arquitectura que non precisaba de arquitectos nen planos, se non que era feita pola man de artesáns, veciños e mestres canteiros posuidores de coñecementos técnicos construtivos que moitos de nós dexesaríamos ter agora.

Xa fosen de cachotería, pedra granítica arrombada unha sobre outra unida con barro, ou ben de cantería, case exclusivamente vencellados ós pazos e casas de boa liñaxe, os valados, viñan a ser os elementos que van a separar chousas, montes, fincas e casas.

Despois da privatización das terras destinadas á agricultura, na Galicia de fai un século, os pequenos propietarios de terras e montes comunais, sentían a necesidade de delimitar os seus espazos, e o xeito tradicional de facelo, era a través de pequenos valados de pedra superposta unha a unha, xa fose unidos con barro ou sen el.

canteiros-muro-seco-finca-da-quintenla

Os muros tradicionais convertíronse así nun elemento máis da paisaxe galega, aínda que pouco a pouco, por falta de conservación, estes muros foron caendo e cómpre lembralos e restauralos.

Na Finca da Quintenla estamos a construír un auténtico muro tradicional como se facían na zona, os chamados muros secos, feito coas lousas da zona, arromada unha a unha, e sen elementos alleos como poida ser o formigón. Sen dúbida, será un dous poucos muros secos que aínda se poida ver nas fincas e aldeas en Galicia.

En Cabanas sen Barreiras vindicamos a recuperación da tradición, das costumes, dos usos antigos, e por iso, o noso muro será unha mostra máis do noso compromiso coa terra que nos viu nacer.

Neste pequeno vídeo, ademáis de ver o traballo dos nosos canteiros, contámosvos como eran os antigos valados tradicionais, e a importancia de conservalos.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Búsqueda
Posts recentes
  • Noia, terra de lendas e meigas
  • Os primeiros sen barreiras
  • Ritos e mitos de San Campio de Entins
  • Reserva ya tu estancia en Cabanas Sen Barreiras
  • A beleza de Muros e Noia
Comentarios recentes
    Arquivo
    • Agosto 2017
    • Xullo 2017
    • Xuño 2017
    • Maio 2017
    • Abril 2017
    • Marzo 2017
    • Febreiro 2017
    • Xaneiro 2017
    • Decembro 2016
    • Novembro 2016
    • Outubro 2016
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Entradas RSS
    • Comentarios RSS
    • WordPress.org
    Categorías
    • A aldea
    • Cabanas sen barreiras
    • Protagonistas
    • Sen categoría
    Buscar
    Social
    • O proxecto
    • Categorias
    • Contacto

    Cabanas sen barreiras continúa co traballo desenvolvido por Do Artesanato nos últimos anos. Contará con seis aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente e coa singularidade de estar perfectamente adaptados a colectivos con diferentes discapacidades.

    Combina a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo vinculadas co litoral, o río e a natureza cun complemento de aloxamentos singulares entre as árbores, ecolóxicos e respectuosos có medio ambiente.

    Para levar adiante este proxecto contamos co apoio financeiro da Unión Europea , recibindo axuda do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar.

    • O proxecto
    • Categorías
      • Cabanas sen barreiras
      • Protagonistas
      • A aldea
    • Contacto
    • glGalego
      • esEspañol