+ 34 981 850 903

Cabanas de Mourelos

A finca encóntrase na aldea de Mourelos, unha pequena aldea ao abrigo dos montes de A Pena e moi preto do mirador de A Pedra da Vella. VIVENDA TURÍSTICA VT-CO 00014.

Distancias

  • Pesca no mar a 6 km 
  • Pesca no río a 500 m
  • Restaurante a 900 m 
  • Servizo médico a 2 km 
  • Circuíto Karting a 2 km 
  • Paseos dacabalo a 2 km 
  • Praia a 4,5 km 
  • Rutas en barco pola Ría a 6,6 km 
  • Piragüismo a 5,6 km 
  • Puenting a 3,5 km 
  • Parapente a 12 km 
  • Aeroporto Santiago a 47 km 
  • Campo de Golf a 25 km 
  • Piscina climatizada a 2 km

Reserva online

Outras fincas

A finca Os Apriscos, dunha hectárea de extensión, atópase na marxe esquerda do río Tins, na aldea de O Areal, a un kilómetro da Serra de Outes. O río cruza a capital de Outes e desemboca dous kilómetros augas abaixo nas Marismas do Tambre, formando “A Ensenada do Engano”, espazo marítimo fluvial protexido Red Natura 2000.

Ver ficha finca

Cabanas do Barranco, situada a 1 km da Serra de Outes e a 3 km da ría de Muros e Noia, son 8 aloxamientos ecolóxicos situados entre as pólas das árbores, que toman os seus nombres de 8 das ensenadas máis simbólicas da ría de Muros e Noia. Destacan pola súa singular contorna, unha extensa arboreda autóctona, refuxio da biodiversidad da zona. Dispoñen dun edificio adicional, con vistas á ría, pensado como aula e acondicionado para a realización de cursos, congresos, exposicións, eventos profesionais e outras actividades.

Ver ficha finca

A parcela sitúase próxima á praia de Broña e atópase delimitada por un camiño de terra na parte máis elevada e por una seto vexetal e muros de pedra no encontro coa congostra que discorre pola cota máis baixa do terreno.  As 4 cabanas, tendo en conta as condiciones topográficas da parcela e a propia vexetación, están situadas escalonadas a diferentes alturas, elevadas en relación ao chan e respectando a pendiente natural do terreno, ao mesmo tempo que se conservan e consolidan a vegetación, os muros e os camiños e se garante a privacidade de cada un dos apartamentos, sen renunciar á impresionante perspectiva da ría de Muros-Noia.

Ver ficha finca

As cabanas están ubicadas na aldea de A Quintenla, no interior da Ría de Muros e Noia.
Cada unha das cabanas, construídas a seis metros de altura entre as pólas das árbores, conta cunha terraza orientada á desembocadura do río Tambre e do río Tins, dúas das venas fluviais da comarca. As cabanas reciben os seus nomes de diferentes accidentes xeográficos da Ría de Muros e Noia.

Ver ficha finca

A Cabana de Carmen son 5 apartamentos rurais ubicados nunha finca de 3.500 m2 á beira do río, con encantadoras vistas, zonas verdes, barbacoa e aparcamento, rodeada dun muro de pedra que a fai totalmente segura para os nenos. As cabanas están construídas en pedra e madeira, combinando de forma harmoniosa a arquitectura tradicional e expresións rústicas no seu exterior cunha decoración modernista de rasgos sinxelos e confortables no seu interior.

Ver ficha finca

Cabanas de Albeida é o noso último proxecto, nun fermoso bosque cunhas inmellorables vistas á desambucadura do río Tambre, os montes do Barbanza, e o nacemento da ría Muros Noia. Une a maxia do bosque caducifolio e a luz do mar para que goces dos amenceres de lúa sobre as ramas de carballos centenarios. Este complexo ten 9 cabanas nas árbores perfectamente integradas no bosque, construídas buscando a intimidade de cada edificación sen renunciar ás incribles vistas á ría para desconectar coa rutina e conectar coa natureza en estado puro.

Ver ficha finca