Cabanas do Barranco é unha finca situada a 1 km da Serra de Outes, na ría de Muros e Noia. Son oito aloxamentos ecolóxicos situados entre as ramas das árbores. Destacan pola súa singular contorna, un extenso arboredo autóctono, refuxio da biodiversidade da zona. A finca dispón dun edificio adicional con vistas á ría que alberga a recepción, oficinas e unha fermosa tenda con produtos "Do Artesanato". Contamos ademais cun espazo pensado como aula e acondicionado para a realización de cursos, congresos, exposicións, eventos profesionais e outras actividades. APARTAMENTOS TURÍSTICOS A-CO-92.