+ 34 981 850 903

Cabanas Sen Barreiras

Esquece absolutamente todo o que coñeces en canto a turismo rural, Cabanas sen Barreiras ofréceche unha experiencia única conectando a nostalxia do pasado coas comodidades do presente.

As cabanas están ubicadas na aldea de A Quintenla, no interior da Ría de Muros e Noia, concretamente na Serra de Outes, entre a Costa da Morte, as Rías Baixas e Santiago de Compostela. Cabanas sen Barreiras configúrase como un dos primeiros aloxamentos accesibles de Galicia.



Benvida a Cabanas sen Barreiras


Reserva online

Cada unha das cabanas, construídas a seis metros de altura entre as pólas das árbores, conta con unha terraza orientada á desembocadura do río Tambre e do río Tines, dúas das veas fluviais da comarca. As cabanas reciben os seus nomes de diferentes accidentes xeográficos da Ría de Muros e Noia.

Deixa atrás a rutina diaria e reláxate, recarga enerxía, desfruta en familia ou aproveita para organizar esa escapada romántica que tes pendente.

Reservar