O club ADECO-DEA é unha entidade deportiva de caracter social, cuxo obxectivo é fomentar a integración das persoas con discapacidade a través da actividade física, lúdica e deportiva.
No 2017 adquire unha embarcación adaptada financiada polo GALP Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia, e crea o proxecto “Un Mar Para Todos” co obxectivo de facilitarlle a práctica de actividades náuticas, visitas pola ría e navegación polo tambre as persoas con discapacidade.