Semana Santa ou Ostara?
Aínda que para moitos poida resultar un tanto incríble, a gran maioría das celebraciónns que realizamos nos días festivos da Semana Santa, poida que teñan unha orixe certamente pagana e mística, provinte de crenzas acumuladas ó longo dos séculos e que xa forman parte da nosa sociedade moderna, pero desde unha perspectiva cristiana.

Na Pascua estamos a celebrar a morte e resurrección de Xesucristo, mais baixo este manto de cristiandade, escóndense unha serie de misticimos, simbolismos e un conglomerado cultural do que somos moi partícipes en toda Galicia.
Un bo exemplo disto son os Ovos de Pascua, que veñen a simbolizar a vida, o nacemento, e a chegada da primavera, momento do ano no que as árbores florecen e se crea vida. A Semana Santa está a celebrarse precisamente nos días nos que cae a primeira lúa chea despois do equinoccio de primavera.
E non só en Galicia se celebra a Pascua con ovos, se non tamén noutras sociedades, como a nórdica, a estadounidense ou canadiense, lugares onde, o Domingo de Pascua se pintan ovos de diferentes cores, se agochan, e os maiores fan que os nenos os busquen para comelos. Noutros lugares como na China, continúan a usar ovos de distintas cores nos seus festivais máis sagrados.
Segundo a tradición celta, nestas datas celebramos a Ostara. O equinoccio de primavera, o equilibrio entre o día e a noite. Os celtas apreciaban moito esta data xa que supoñía o fin do crudo inverno e o comezo da primavera, o renacer. Non é de extrañar que a Igrexa quixese cristianizar esta festa, fixando o Domingo de Ramos, calculando o domingo seguinte á primeira lúa chea tras esta festa, a Ostara. (Un dos catro sabbats menores ou aquelarres, dentro do Calendario Wicca, A Roda do Ano).
Noutras ocasións xa vos temos falado dalguna das outras 8 festividades nas que se divide o ano segundo o Calendario Wicca, como o Samhaín, ou o Yule.
E é que en Cabanas sen Barreiras gostamos moito das tradicións celtas dos nosos antigos; lendas e historias que contamos ós cativos nos recunchos máxicos e místicos da Finca da Quintenla.
